ConcellosEn portadaGalerías de fotosQuirogaÚltima horaVídeos

Os Cantos de Taberna toman a vila de Quiroga

A música de nove grupos soaba en nove establecementos de hostalaría nesta tarde

 

A música protagonizaba a tarde e a noitiña deste sábado 15 de marzo en Quiroga. A vila vibraba coa oitava edición dos VIII Cantos de Taberna con nove grupos inscritos e nove establecementos participantes.

Estas agrupacións musicais, cuxas actuacións comezaban a partir das seis e media da tarde, viñan dende diferentes puntos de Galicia e eran Son do Mao, Nubeiro Son Galego, Son Outeiro, Os Tarabelos, Macizas Centrais Trives, Os Parrandas, O Recanto, Os Ministreles e De Aquí e Daló.

 

 

Coa súa música percorrían os establecementos Adega de María, As Palmeras, O Portón, O Quiper, A Botica, Chapakuña, A Matrioska, Ruxe-Ruxe e o Bar Lago.

 

 

As actuacións tiñan previsto rematar cunha gran foliada de todas as agrupacións xuntas na zona da praza da rúa Lago. A actuación en cada establecemento roldaba a media hora cun repertorio de libre escolla, preferentemente con temas populares e tradicionais.

 

 

Nos establecementos a xente sumábase aos cantos e mesmo a bailar ao ritmo da música tradicional, que facía vibrar á vila nesta tarde.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

 

Back to top button