En portadaÚltima hora

Os castros, o xerme do rural galego, eixo do Especial Nadal 2025 do Periódico O SIL

 

Unha mirada ao pasado para comprender o que somos, a nosa paisaxe, cultura e identidade. É a proposta que dende o Periódico O SIL lanzamos no Especial de Nadal 2025, que está na rúa dende hai unha semanae no que poñemos o foco na Idade do Ferro e no mundo dos castros, o xerme do que hoxe é o rural galego. E iso nun contexto actual marcado polo abandono dese medio rural.

Ao longo das páxinas deste monográfico explicamos o fenómeno castrexo, e as súas singularidades especialmente en Galicia, percorremos algunhas das súas manifestacións máis significativas, ademais de conversar sobre tema con expertos como os arqueólogos Xurxo Ayán e Martiño Xosé Vázquez e de recoller o punto de vista da administración, cunha entrevista co director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes. E iso, sen esquecer cuestións sobre as que aínda se está investigando como a chegada de Roma e que supuxo para o mundo castrexo galaico, así como que hai máis alá dos castros, das súas murallas.

Este monográfico pode atoparse en librerías e quioscos e nel tamén se inclúe a ampla e variada programación de Nadal das principais localidades da provincia de Ourense, así como da comarca de Quiroga, na de Lugo.

Moi bo Nadal!

 

Back to top button