CulturaCulturaÚltima hora

Os centros de ensino de Trives e de Manzaneda celebran o Día das Bibliotecas

 

O alumnado do CEIP Bermúdez Couso e do IES Xermán Ancochea de Trives, así como o do CEIP Manzaneda, vén de celebrar o Día das Bibliotecas, cuxa data concreta é o 24 d eoutubro. Facíano en Trives e, ademais dun xeito especial, entre eles e os algúns dos personaxes que habitan neles e que cobran vida cando se abre un volume e comeza a lerse.

 

 

Así, os traballadores do Concello de Trives implicáronse na actividade para que os cativos coñeceran a maxia dos libros entre eses personaxes fantásticos. Os nenos de primaria visitaban Santa Leonor, onde desfrutaban dunha exposición, e tamén o instituto, onde os seus estudantes lles lían algúns cómics.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button