Unhas 250 persoas sumábanse aos actos da Día da Bici nesta vila o 16 de agosto
Para subirse a unha bici e desfrutar dela non hai idade. E así o demostraban os triveses. Dende meniños ata adultos subíanse enriba deste tipo de vehículo para participar no Día da Bici nesta vila. Celebrábase no mediodía do 16 de agosto e nel participaban unhas 250 persoas. A cita contaba asemade con varias novidades nesta edición como un circuíto a estrear, un percorrido especial e moi divertido para os máis pequenos, tamén obradoiros infantís ou unha exposición fotográfica, entre outras propostas.
Fotos: Concello de Trives
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil