Administración e Xestión; Electricidade e Electrónica; Industrias Alimentarias; Imaxe Persoal; Sanidade; Servizos Socioculturais e á Comunidade; e Transporte e Mantemento de Vehículos. Son as familias profesionais ás que pertencen os ciclos de Formación Profesional que se ofertan no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e que na mañá deste xoves 30 de maio saían á rúa.
A praza do Concello do Barco acollía hoxe a I Feira da FP do IES Lauro Olmo, un evento informativo para coñecer máis de cerca os diferentes ciclos que se ofertan no centro educativo. A feira comezaba cunha pequena representación teatral na que se visibilizarán parte das competencias que se adquiren na formación profesional, para a de seguido ofrecer unha mostra das diferentes formacións con mesas informativas, produtos e ferramentas de cada especialidade, da man de alumnos e profesores.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.