DeportesÚltima hora

Os cursos de formación na aula virtual da Federación Galega de Caza celebraranse do 1 ao 26 de outubro

 

Como cada ano, a Federación Galega de Caza activa a súa aula virtual da Escola de Caza para convocar os cursos en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, dirixidos a directivos das sociedades de caza, responsables de cazarías, xestores cinexéticos, gardería, administrativos e, por suposto, a deportistas cazadores en xeral que desexen adquirir coñecementos tan importantes no eido da formación de responsables de sociedades de caza, seguridade na práctica cinexética, enfermidades da fauna cinexética e a manipulación no consumo de carne de caza e a xestión dos residuos non comestibles.

Os cursos estarán dispoñibles no campus virtual da FGC, as 24 horas do día e os 7 días da semana, do 1 ao 26 de outubro. Durante este período os alumnos poderán conectarse á formación dende calquer punto de Galicia e nas datas e horarios que máis se adapten ás súas necesidades.

 

 

Cazador non perdas esta oportunidade de coñecer os entresixos da xestión interna e administrativa dunha sociedade de caza. Se para ti a seguridade na caza é o primeiro e non queres levar sustos no monte adquire coñecementos sobre os primeiros auxilios que poden salvar vidas a compañeiros. Rematada a xornada de caza temos que facer un aproveitamento das pezas abatidas polo que inscribíndote a este Curso de Formación saberás facer un correcto manexo da carne de caza para o seu consumo seguro.

A matrícula, aberta ata o 15 de setembro e gratuíta, formalizarase enviando a escola@federaciongalegadecaza.com o boletín de matrícula que esta dispoñible na web da Escola de Caza ou en calquera das sedes da FGC.

Back to top button