
O proxecto de obras de mellora da seguridade vila na N-120, coa implantación de 4,22 km de carrís adicionais entre os km 548,800 e 564,00, nos Peares (Ourense), está nestes momentos en redacción. É a resposta que os deputados do PP pola provincia de Ourense no Congreso dos Deputados recibían do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible tras preguntar pola data que o Goberno comprometía para a licitación deste proxecto.
A valoración dos deputados populares que formulaban a pregunta, Celso Delgado Arce, Ana Vázquez e Rosa Quintana; é que “novamente o Ministerio acredita desprezo aos ourensáns aos usuarios da estrada nacional 120 entre Os Peares/Alto da Guítara e Ourense e moi especialmente aos veciños das comarcas de Lemos, Quiroga e Valdeorras que a utilizan con máis frecuencia e que padecen a imposibilidade de adiantar”.
Así mesmo os deputados do PP consideran que “esta nova resposta gobernamental de setembro de 2026 non pode ser máis decepcionante xa que tres e anos e cinco meses despois da aprobación do proxecto de trazado continúan alegando a escusa de que “están a redactar” o proxecto construtivo de 4,22 km de carrís adicionais. E ademais segue o MITMS sen comprometer data algunha para a licitación das obras”.
Os populares conclúen apuntando que o Goberno tamén “incumpriu o compromiso de licitar as obras do primeiro tramo da A-76 e que ten abandonados os restantes”.