
Os deputados do PP de Ourense e León, Celso Delgado, Ana Vázquez Rosa Quintana, Ester Muñoz e Silvia Franco, veñen de criticar, a través dunha nota de prensa, que o “Goberno socialista incumprirá o compromiso de licitar en 2025 as obras do primeiro tramo da autovía A-76 entre Villamartín da Abadía e Requejo, tras a publicación onte no Boletín Oficial do Estado (BOE) do anuncio de Demarcación de Estradas pola que se aproba provisionalmente ese tramo. “Nesta resolución dise que o prazo de información pública será de trinta días hábiles contados a partir do primeiro día hábil seguinte ao da última data das publicacións regulamentarias”, aseguran.
Así mesmo, os deputados populares afirman que “non só se incumpre flagrantemente o comprometido senón que ademais incóase unha nova información ao público, repetindo a que foi publicada no BOE do 4 de abril de 2023” e indican que “esta sorprendente repetición dilatará moitos meses máis a aprobación definitiva do proxecto de construción e a posterior licitación das ansiadas obras de primeiro tramo da autovía Ourense-Ponferrada A-76”.
Por outra banda, os deputados do PP din que “nos xa máis de sete anos de responsabilidade de Goberno de Pedro Sánchez acreditou en relación coa A-76, unha enorme falta de transparencia, incumprimento de compromisos”.