PolíticaÚltima hora

Os deputados ourensáns do PP no Congreso volven preguntar pola A-76 ante “os enormes retrasos”

 

Os deputados ourensáns do PP volven preguntar sobre a A-76. O 12 de maio Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana rexistraron no Congreso unha nova batería de preguntas dirixidas ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible (MITMS) “coa finalidade de activar os demorados e mesmo abandonados trámites dos proxectos da Autovía A-76 entre O Barco de Valdeorras e Ponferrada”.

As preguntas formuladas polos populares son as seguintes:

1. Despois de máis de oito anos de atraso desde a aprobación en abril de 2028 do proxecto de trazado, en que data finalizará o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible, a redacción do proxecto de construción do tramo O Barco- A Veiga de Cascallá da Autovia A-76 Ponferrada-Ourense?

2. Que explicacións dá o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible para intentar xustificar o incumprimento do compromiso oficial de finalizar en maio de 2019 a redacción do proxecto construtivo do tramo O Barco-A Veiga de Cascallá da Autovia A-76 Ponferrada-Ourense?

3. Que empresa pública ou privada está a encargarse de executar o contrato para a redacción do proxecto de construción do tramo O Barco-A Veiga de Cascallá da autovía A-76?

4.Que cronograma manexa o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible en relación co impulso do tramo O Barco- A Veiga de Cascallá da Autovía A-76 Ponferrada-Ourense?

A maiores preguntan, por que data de 2026 compromete o Ministerio para licitar as obras da A-76 Ponferrada-Ourense, tramo Villamartín de la Abadía Requejo.

Back to top button