PolíticaÚltima hora

Os deputados ourensáns do PP volven preguntar pola tramitación do primeiro tramo da A-76

 

Os deputados do Partido Popular por Ourense, Celso Delgado Arce, Ana Vázquez Blanco e Rosa Quintana Carballo, xunto a outros de Castela e León rexistraron onte no Congreso unha nova pregunta ao Goberno para que aclare, por escrito e con datas, en que situación real está a tramitación do primeiro tramo da A-76 (Villamartín da Abadía–Requejo) e cando se prevé aprobar definitivamente o proxecto e licitar as obras.

O rexistro desta iniciativa prodúcese despois de que o delegado do Goberno en Castela e León, Nicanor Sen, asegurase o pasado 14 de xaneiro, en Fabero, que o proxecto do primeiro tramo da A-76 “completou a súa fase administrativa» e entra agora na«etapa de desenvolvemento e licitación”, sen concretar datas de inicio e confiando en avances nos primeiros meses de 2026.

Os parlamentarios populares lembran que o Goberno xa comprometeu a licitación do primeiro tramo e incumpriuna en 2023 e 2024, e volveu xerar expectativas en 2025 para terminar respondendo no Congreso, ante unha pregunta parlamentaria, que a licitación se realizaría “segundo as dispoñibilidades orzamentarias”, sen comprometer data algunha.

Así mesmo, subliñan que en novembro de 2025 o BOE publicou un novo anuncio de información pública do proxecto do tramo Villamartín da Abadía–Requejo, sinalando ademais que con esa información pública “repítese a realizada en abril de 2023, o que evidencia novos trámites e máis atrasos”.

Neste senso os deputados populares pregútanlle ao goberno por “cal é data de resposta o estado de tramitación por parte do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible do expediente de información pública do proxecto de construción: Autovía A-76 Ponferrada – Ourense. Tramo: Villamartín da Abadía Requejo”.

Back to top button