EconomíaEconomíaÚltima hora

Os drons chegan aos soutos para a aplicación de tratamentos con bioestimulantes

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos organiza unha xornada sobre o uso de drons nos castiñeiros e tamén sobre a rexeneración dos soutos, promovida pola área de Medio Rural da Deputación de Lugo

 

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos realizará o vindeiro xoves 12 de xuño unha demostración en campo do uso de drons (UAS) para a aplicación de tratamentos con bioestimulantes sobre castiñeiros. A participación é de balde e non é necesaria inscripción previa.

A xornada desenvolverase ao longo de toda a mañá na aldea de Renche, no Concello de Samos (Lugo). Comezará ás 10:00 h., cunha charla sobre as experiencias en rexeneración de soutos que ven desenvolvendo en Asturias durante os últimos anos o profesor do Departamento de Bioloxía de
Organismos e Sistemas da Universidade de Oviedo, Pedro Álvarez, natural da Fonsagrada.

 

 

A continuación, explicaráselles aos asistentes o programa de probas con bioestimulantes que se vai realizar en soutos de Renche, coa colaboración da Área de Medio Rural da Deputación de Lugo e o castañicultor local Saúl Sánchez. As probas realizaranse cun produto bioestimulante da empresa Agrobio (Almería) e será aplicado pola empresa Beniu, especializada en tratamentos con uso de drons.

A actividade estará condicionada pola meteoroloxía, polo que poderíase trasladarse a outra data, en caso de non ser favorables as condicións para o voo dos drons no día elixido. Recoméndase aos
interesados en participar que consulten antes na web da asociación calquera dúbida: asociaciongalegadacastana.com

Back to top button