Por terceiro ano o grupo de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense recibiu no Foro CEP Confederación de Empresarios de Pontevedra o Premio APROEMA 2025 que entrega a Asociación Profesional de Empresas de Medio Ambiente, como premio a toda unha traxectoria de 27 anos coidando a contorna e a natureza.
A Asociación Profesional de Empresas de Medio Ambiente e o Círculo de Empresarios de Galicia valoraron o “incansable traballo realizado polo grupo ambiental ourensán liderado por Gonzalo Sánchez e Cristina Bravo”, camiño xa de 28 anos de voluntariado con miles de saídas e actualizacións que van desde horto escolar, plantación e coidado do monte, limpeza de ríos, recollida de cabichas, tapóns solidarios, pilas usadas, e innumerables actividades de formación: astronomía, mascotas, xardinería, ornitoloxía, flora e fauna, apicultura, educación viaria, fomento de hábitos de vida saudable, loita contra o tabaquismo…
O acto de entrega do premio, en Vigo, estivo presidido pola Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez Mejuto. Pola súa banda os Ecovixiantes están orgullosos de que se recoñeza o seu traballo e de seguir cultivando premios que lles animan a seguir traballando.

Recollida de cabichas
En pleno outono e entre as follas que caen tamén xorden cabichas que non “caen”, senón que son lanzadas intencionadamente… A pasada semana os Ecovixiangtes cazaban preto de 2.500 en quince minutos de rastrexo nun tramo da rúa Celso Emilio Ferreiro Poeta. “Dificultade máxima por atoparse nos maceteros da rúa”, aseguran, lembrando que “unha soa cabicha contamina 50 litros de auga e tarda en desaparecer uns dez anos, se o fai”, e que fomentan a vida sen tabaco e hábitos de vida saudable.

Fotos cedidas.