Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense pechaban o curso escolar cunha recollida de cabichas na zona de Oira. Os monitores Lucía Malingre e Mario González dirixiron a numerosos rapaces do programa de Conciliación do Concello de Ourense na Aula da Natureza.
Con esta actividade enmarcada na Campaña O Mar Empeza Aquí, Ecovixiantes realizaron 107 recollidas ao longo de todo o ano escolar. “Agora a recargar pilas e volver con moitas ganas en setembro”, din dende o colexio.
Xeración Ecovidrio
En xuño os Ecovixiantes tamén recibían os diplomas acreditativos de Xeración Ecovidrio. Un certame no que participaban 896 colexios a nivel nacional quedando os ourensáns no lugar 13º, segundo de Galicia, tras presentar os cinco retos propostos ao longo do curso, sobre reciclaxe, plástico cero, influencers, sentinelas da auga…

Fotos cedidas.