OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas, un ano máis na campaña nacional Basuraleza

 

Co comezo do curso, Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense participaron xa en dúas campañas tradicionais de limpeza de ríos.

 

 

Primeiro facíano na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos con ADEGA (non faltaron a ningunha) e despois na campaña nacional Basuraleza, dentro do ‘Proxecto Libera. 1 M2 por Praias e Mares’. Trátase dunha campaña cidadá con SÉ/BirdLife que busca recoller e analizar residuos en zonas costeiras e mariñas para estudar o seu impacto e promover un cambio na produción e consumo de residuos.

 

 

A edición deste ano realízase do 20 de setembro ao 5 de outubro e está aberta á participación de voluntarios, colectivos e organizacións que desexen organizar os seus propios puntos de recollida en 339 puntos de toda España. Os Ecovixiantes participan dende os inicios no ano 2017, sumando xa 32 saídas. Nesta ocasión a zona elixida era o Parque Lonia, no Río Loña, onde retiraban 60 kg de residuos especialmente cabichas e latas entregadas á Campaña ‘O Mar empeza Aquí’.

 

 

E xa co inicio de outubro tiñan a primeira recollida de cabichas na Pista Vermella de Barros Sibelo, Ourense. “Unha nova fornada, voluntariosa de Ecovixiantes afanouse en retirar a sucidade deste parque ourensán e encher unha vintena de cabichómetros, nunha loita incansable que ademais parece eterna. Ademais, dentro dos hábitos de vida saudable, xogaron un partido de fútbol entre os xa clásicos da reciclaxe, o Sporting Sogama e o Atlético Pilabot. Camiñando xa cara aos 28 anos, imparables”, sinalan os profesores Cristina e Gonzalo.

Día das Aves

O Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense celebra tamén o Día das Aves na honra a San Francisco de Asís (patrón da ecoloxía) cunha actividade de ornitoloxía. Para iso o alumnado aplicouse en facer fichas das aves urbanas de Ourense, para homenaxear á ave do ano 2025, o Treparriscos, Gabeador Vermello.

 

 

 

Picapeixes, verderois, rulas, pombas, treparriscos, jilgueros, corvos, reiseñores, pegas, vencejos, carboeiros… Paxaros residentes en Ourense enchen de luz e colorido estas preciosas láminas.

 

 

SeoBirdLife e SGHN son referencias para o estudo do centro.

 

 

Fotos cedidas.

 

Back to top button