OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Ourense lembran que “unha cabicha tarda máis de dez anos en desaparecer e cada unha contamina 50 litros de auga”

 

Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense rematan o 2025 cunha recollida de cabichas dentro da campaña O Mar empeza Aquí pola zona da Comisaría de Ourense e a rúa Celso Emilio Ferreiro, lembrando que “unha cabicha tarda máis de dez anos en desaparecer e cada unha contamina 50 litros de auga”.

 

 

A cambio, ademais de turrón e polvoróns recibiron un agasallo moi especial, unha bóla de Nadal para decorar a árbore de cada fogar, obra da querida scrappera de Verín, Chiqui. “Un detalle que revaloriza o traballo desta mocidade tan concienciada co Medio Ambiente.

 

 

Ademais varios membros do grupo pousaron con algúns dos trofeos obtidos ao longo da súa historia, algo que os enorgullece: o Premio Ecovaledor, tres Aproema, un Miñoambiente, tres Pilabot de recollida de pilas usadas, unha Medalla ProEcclesia, un Xeración Ecovidrio, un SeoBirdLife, nove Premios Viaqua, un Caderno de Campo, dous Xornalismo na Escola, oito Viaxes pola Baixa Limia, doce Canto tempo tes para o meu?… entre outros. “Está claro que quen sementa recolle, e ao parecer sementouse moi ben”, di o profesor Gonzalo Sánchez, Lalo, que subiu ata a nave de Seur no Polígono de San Ciprián máis de 300 kg de tapóns solidarios estas dúas últimas semanas.

 

 

Ecovixiantes de Franciscanas desexan a todos unhas boas festas, esperando que nos lembremos un pouquiño do noso entorno e lembrando a toda a cidadanía que “o Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas sito na rúa Cardeal Quevedo é Centro de Recollida de Tapóns Solidarios”.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button