OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes participan nunha interesante actividade para celebrar a chegada da primavera

 

Por vacacións de Semana Santa os Ecovixiantes descansan estes días non sen antes vivir uns intensos días con numerosas actividades en torno ao Medio Ambiente.

 

 

Primeiro, o alumnado do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense, recibía a visita de Benito García Carril, o presidente e Dircom da Asociación Galicia Ambiental, organización centrada na sustentabilidade, a economía circular e a sensibilización ambiental. “Destaca polo seu labor de comunicación ecolóxica e o impulso do proxecto de reforestación Árbores de Cinza a través do libro de Os Bolechas Invasoras”, explica o profesor Gonzalo Sánchez, indicando que o alumnado de 1º da ESO tomou conciencia desta problemática, “actúan como depredadoras, alteran o hábitat modificando o chan, hibridizan, introducen parasitos e enfermidades, agravan enfermidades e alerxias”, asegura.

 

 

Uns días despois celebraban na parroquia de Palmés o Día da Árbore e a chegada da primavera, cun acto organizado pola Aula da Natureza e o Concello de Ourense, con Luis Amigo, Jesús e o axente forestal Xosé Santos que falaron dos bosques Atlántico Mediterráneo, da orientación, plantación de sementes e de rucus e loureiros. “A Cunchada e o Mosteiro de Santa Comba de Naves, o bosque e os seus beneficios”, engade Sánchez Busóns.

¿Qué es un rey para ti?

Ademais, dous alumnos de 1º da ESO, Juan Conde Romero e Álvaro Noguerol Fernández resultaban finalistas na 45 edición do concurso escolar ¿Qué es un Rey para ti?

 

Juan Conde Romero e Álvaro Noguerol Fernández co seu profesor Gonzalo Sánchez.
Fotos cedidas.
Back to top button