OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes visitan varias zonas da provincia arrasadas polos incendios forestais, entre elas Manzaneda

 

Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense pechan unha semana de sensibilización e coñecemento de varias zonas da nosa provincia arrasadas polos incendios forestais, como Manzaneda, Verín, Laza e a Baixa Limia onde coñeceron in situ as miles de hectáreas arrasadas polo lume.

 

 

Ademais continuaron coa campaña O Mar empeza Aquí retirando miles de cabichas da contorna e limpando a Pista Vermella de Barros Sibelo. “As cabichas continuan sendo o residuo máis habitual nas nosas rúas, e supoñen perigo para nenos/as e mascotas, ademais de poder acabar na auga, contaminando litros e tardando décadas en desaparecer, se non é que acaban nos peixes”, aseguran dende o centro escolar ourensán.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button