ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVilamartín

Os efectos do desbordamento do río Farelos por riba da N-120 ao seu paso por Arcos (Vilamartín)

 

Case 24 horas despois, seguen os labores de limpeza na zona de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) afectada polo desbordamento do río Farelos a causa da forte treboada que descargaba onte sobre a provincia.

Debido ás intensas chuvias e a gran cantidade de maleza, troncos e restos que baixan do monte queimado, o Farelos aumentaba considerablemente de caudal desbordando pola N-120 e alagando toda a zona ao seu paso.

Logo dunhas horas cortada, a circulación da estrada recuperábase pero ao longo da xornada deste xoves 18 de xuño continúan os labores de limpeza, retirada se árbores, lama e demais…

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button