EconomíaEconomíaÚltima hora

Os efectos do lume na gandería en Chandrexa, na X Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos

Este encontro formativo, que se centrará na recuperación do territorio co pastoreo e a gandería extensiva, celebrarase o 23 e o 24 de outubro en Lugo

Gando na serra, na comarca trivesa, á que pertence Chandrexa, tras os incendios deste verán./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes celebra os vindeiros 23 e 24 de outubro a súa décima reunión de outono, un encontro formativo que se centrará na recuperación do territorio co pastoreo e a gandería extensiva.

O Salón de Actos da Escola Politécnica de Lugo acollerá a actividade, na que se presentarán unha ducia de experiencias de gandería extensiva en distintos puntos de Galicia e se contrastarán con proxectos doutros puntos do Estado como a Escola de Pastors i Pastores de Cataluña.

Ao longo da xornada, avaliaranse tamén as posibilidades que a gandería extensiva abre para o relevo xeneracional nas ganderías, o papel dos concellos no dinamismo rural ou da Escola Politecnica como vía de entrada ao sector agrogandeiro.

O deputado provincial de Lugo de Rural Daniel García destacou a “a oportunidade de formación e intercambio de coñecementos entre gandeiros e gandeiras que supoñen estes encontro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, nesta ocasión arredor dun modelo produtivo que apoiamos de forma transversal desde a área de Rural com distintos programas e liñas de axuda”.

Programa

Xoves 23 outubro

11.00 horas.Benvida ás xornadas

11.30 horas. Apertura das xornadas

11.45 horas. Proxección dun vídeo conmemorativos

12.00 horas. Presentación de experiencias inspiradoras de gandería extensiva: Javier Fernández Gómez, Ovidio Queiruga, CMVMC de Meira (Moaña), Javier Cotado, Álex Varela e Yolanda Pacín, Granxa Teixeiro e Pistón, Marcos Fernández Guerra, Uxía Salvatierra, Granxas de Lousada SC, Mariví Rodríguez, Granxa Casa da Fonte

15.30 horas. Visita a Carballo Vivo e Traloagro.

Venres 24 de outubro

10.00 horas. Benvida ás xornadas

10.10 horas. Presentación da Escola de Pastors i Pastores de Catalunya. Laia Batalla

11.00 horas. Sesión interactiva: os retos do relevo na gandería

12.20 horas. Coloquio grupal

13.00 horas. Acto de nomeamento de sócios de honra

15.30 horas. Chandrexa de Queixa: lumes, xente e gando. Xaveir Fernández Arias

16.00 horas. Oportunidades da gandería extensiva no futuro. Román Sánchez. A Carqueixa

16.30 horas. O papel dos concellos no dinamismo rural. Fundación Terreo. Roberto Fernández

17.00 horas. A EPSE: unha vía de entrada no sector agrogandeiro. Benigno Ruiz e Brais Vázquez.

17.30 horas. Peche das xornadas

 

Back to top button