ConcellosÚltima hora

Os emigrantes retornados valdeorreses seguen mobilizándose

Na mañá do 8 de xaneiro tiña lugar unha nova concentración diante da delegación de Facenda do Barco
Concentración da Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras, no Barco.
Concentración da Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras, no Barco.

A Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras vén de retomar as súas concentracións fronte á delegación de Facenda do Barco na mañá do 8 de xaneiro no Barco. Ao seu término, procedíase a dar lectura a un manifesto.

“Unha vez que xa está aprobada a chamada “reforma fiscal”, quedan moitas cuestións por aclarar e moitas inxustizas polas que seguir mobilizándose, entre elas, revisar a cuestión dos dous pagadores ou a devolución de oficio das sancións impostas, así como o cambio da lei…”, indican dende esta plataforma.

Ademais anuncian que o vindeiro 17 de xaneiro vai ter lugar en Santiago de Compostela unha Xornada de Traballo de todas as Plataformas de Emigrantes Retornados de Galicia. No decurso deste encontro, debateranse as novas mobilizacións que se levarán a cabo este ano.

Back to top button