OurenseÚltima hora

Os escolares ourensáns gozan dunha xornada “verde” na Aula da Natureza do Oira

A Aula de Natureza do Oira organiza estes días diversos obradoiros e actividades para os máis pequenos da casa. Entre os días 10, 11, 12 e 17 de abril, os cativos poderán gozar de relatorios relacionados coa fauna e a flora da provincia, traballar en hortas e facer actividades de reciclaxe dentro dun entorno natural envexable como é o paseo fluvial do río Oira.

Os 35 participantes neste obradoiro recibiron hoxe a visita do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e da concelleira de Educación, Belén Iglesias. Ambos dirixentes compartiron unha xornada canda aos rapaces nesta aula da natureza, que estivo acompañada do bo tempo.

O rexedor municipal, Jesús Vázquez, sinalou que o obxectivo desta actividade é, por un lado, “favorecer á conciliación familiar nestes días de vacacións para os pais que traballan”. Pero, por outra banda, “tamén cremos que é importante que os rapaces e rapazas aprendan a coidar o medio ambiente, xa que son conscientes de que é de todos e hai que coidalo, e nada mellor que estes coñecementos para que se impliquen aínda máis”, apuntou Vázquez.

 

Artigos relacionados

Back to top button