Son unha cita tradicional das festas do Cristo. Cada 14 de setembro un pouco antes das dez e media da noite, cesa a música, mentres multitude de persoas se encamiñan ás beiras do río Sil ou a outros puntos estratéxicos da vila para desfrutar do espectáculo dos fogos artificiais.
Ese momento repetíase esta noite, lugares como a praia fluvial do Malecón enchíanse de persoas que buscaban o mellor lugar para seguir esta sesión pirotécnica, que enchía de luz e cor a noite da data central destas festas na vila.
Eran 15 escasos pero intensos minutos nos que o ceo nocturno se tinguía de multitude de cores e formas, que se reflexaban nas augas do Sil para desfrute de veciñanza e visitantes. Remataban coas tradicionais bombas que marcaban a despedida dos fogos, entre aplausos, ata o vindeiro Cristo, o do 2024.
Fotos e vídeos: O SIL