O Carballiño celebra neste domingo 22 de febreiro a XXXI Festa da Cachucha. Xa dende as 11 horas soaba a música polas rúas da vila do Arenteiro, sendo as 11:30 horas o momento no que daba comezo o desfile de folións, comparsas e charangas: Os da Caña de Marín, As Sonecas de Campelo, comparsas de Amoeiro, Os Arrieiros de Petín, Folión do Tameirón e Chandrexa de Queixa, O son da Pedra Meiga ademais das comparsas da vila. A música corre por conta de Doctor Anchoa, CLK, Castro Bello, Feitizo de Pau e Os Biruxe.



O xantar comezará ás 14 horas nos diferentes restaurantes e mesóns participantes: Derby, Esclavo, Mesón O Noso Lar, Pulpería Carral, O Pituxo, A Maquia, Pulpería O Carballiño, Las Cubanitas, Fuchela, Parrillada San Andrés, Asador Veracruz, Soldado, Parrillada Os Amigos, Patio Bar Ernesto, O Pendello, Casa María, Pulpería Ruzo, Mesón O Arrabaldo e Os Álamos.


E xa pola tarde o Gran Desfile será ás 17 horas cos mesmos participantes rematando a xornada caras as 19 horas horas co concerto da Orquesta Claxxon, pechando así un Entroido cargado de actividades para todos os públicos.
Entre o público do desfile, veciños do Barco e os concelleiros de Cultura, Diego Fernández, e Turismo, Manuel Dacal, integrados no ambiente.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos:
Espectaculares carrozas no desfile matinal da Festa da Cachucha no Carballiño