ConcellosEntroido 2026TrivesÚltima hora

Os folións triveses pechan o Entroido co Enterro da Sardiña, desta volta organizado polos Labregos

 

Despois dun intenso Entroido, con rondas e visitas a diferentes localidades, os folións triveses dos Labregos, A Lardeira, A Caniceira e O Fiadeiro dicíanlle adeus á celebración co Enterro da Sardiña, que se desenvolvía na noitiña do Mércores de Cinza.

Cada ano encárgase da súa organización un destes catro folións. Desta volta tocáballe aos Labregos, cuxos integrantes se encargaban de preparar unha orixinal sardiña que, finalmente, polo mal tempo non puido saír en procesión pola vila.

Ademais tamén se ocupaban de preparar unha saborosa e variada cea para despedir este tempo de troula, que se servía en Santa Leonor. Despois a sardiña era queimada para cumprir coa tradicional e darlle o adeus definitivo ao Entroido.

Fotos: Carlos G. Hervella/ cedidas.

 

Back to top button