En portadaÚltima hora

Os incendios de Requeixo e Parafita (Chandrexa) seguen activos e suman máis de 5.000 has afectadas

Tamén continúan activos os lumes de Santiso (Maceda), A Granxa (Oímbra) e A Esculqueira (A Mezquita), segundo Medio Rural

Cedida.

 

A provincia de Ourense continúa en Situación 2 polos incendios forestais. Segundo os últimos datos actualizados pola Consellería do Medio Rural esta é a situación dos lumes que afectan a unha superficie maior de 2o hectáreas na provincia.

ACTIVOS

 Activo Chandrexa de Queixa-Requeixo

Segue activo desde as 15.51 horas do venres o incendio forestal do concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta a arredor de 4.500 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 15 técnicos, 58 axentes, 92 brigadas, 48 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 13 avións. Tamén participan nas tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Chandrexa de Queixa-Parafita

Está activo un incendio forestal no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parafita, que se iniciou ás 17.45 horas de onte e que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de máis de 500 hectáreas, parte delas no limítrofe municipio de Manzaneda. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 3 técnicos, 8 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 4 avións. Tamén participan nas tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). 

 

 

Os incendios de Chandrexa vistos dende Valdeorras./ Cedida.

 

Activo Maceda-Santiso

Desde as 03.13 horas de onte martes está activo un lume no concello de Maceda, parroquia de Santiso. Este incendio, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor de 1.700 hectáreas, parte delas no veciño concello de Montederramo. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 19 axentes, 26 brigadas, 15 motobombas, 4 pas, 3 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 8 avións. Tamén participan nas tarefas de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Oímbra-A Granxa

Permanece activo o incendio forestal do municipio ourensán de Oímbra, parroquia da Granxa, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de máis de 200 hectáreas, parte delas no veciño concello de Monterrei. O lume iniciouse ás 14.39 horas de onte martes e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 5 técnicos, 10 axentes, 14 brigadas, 16 motobombas, 2 helicópteros e 4 avións.

Activo A Mezquita-A Esculqueira

Desde as 09.42 horas de onte martes está activo un incendio forestal no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 100 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 10 axentes, 9 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 1 tractor, 1 helicóptero e 4 avións. Tamén colaboran nas tarefas de extinción medios terrestres portugueses.

 ESTABILIZADOS

 Estabilizado Maceda-Castro de Escuadro

Está estabilizado, desde as 23.37 horas do domingo, o incendio do concello de Maceda, parroquia de Castro de Escuadro, que se iniciou o sábado ás 23.19 hohras. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta arredor de 450 hectáreas. Iniciouse en entre cinco e seis puntos case simultáneos, o que apunta cara unha clara intencionalidade. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 5 técnicos, 30 axentes, 53 brigadas, 37 motobombas, 6 pas, 6 helicópteros e 10 avións.

Estabilizado Vilariño de Conso-Mormentelos

Desde as 23.37 horas do luns está estabilizado o lume do concello de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 180 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 15 axentes, 19 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 1 unidade técnica de apoio, 2 helicópteros e 4 avións.

 Estabilizado Montederramo-Paredes

Segue estabilizado desde as 10.35 horas de onte martes o incendio forestal do concello ourensán de Montederramo, parroquia de Paredes, que se iniciou o luns ás 04.50 horas e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo momento, 2 técnicos, 5 axentes, 10 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 6 helicópteros e 5 avións.

Estabilizado Ourense-Seixalbo

Desde as 00.51 horas de hoxe está estabilizado o incendio forestal iniciado ás 14.14 horas de onte martes na localidade de Ourense, parroquia de Seixalbo, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 50 hectáreas. Ata o momento mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 9 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas, 4 helicópteros e 4 avións.

Estabilizado Vilardevós-Moialde

Continúa estabilizado desde as 10.02 de onte martes o incendio forestal do concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Moialde. Segundo as últimas estimacións, este lume, que se iniciou ás 16.05 horas do luns, afecta arredor de 40 hectáreas e polo de agora mobilizáronse na súa extinción 2 técnicos, 7 axentes, 14 brigadas, 15 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 4 helicópteros e 6 avións.

CONTROLADOS

Controlado Verín-Mourazos

Esta controlado, desde as 01.01 horas de onte martes o incendio forestal do concello ourensán de Verín, parroquia de Mourazos, iniciado ás 13.15 horas do luns. A superficie afectada estimada provisional é de arredor de 9 hectáreas e, polo momento, para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 7 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 6 avións. 

EXTINGUIDOS

Extinguido Cartelle-Anfeoz

Está extinguido desde as 01.42 horas de hoxe o incendio do municipio de Cartelle, parroquia de Anfeoz, que se iniciaba ás 18.28 horas do luns. Este lume afectou finalmente unha superficie de 14,6 hectáreas, a maioría de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse en conxunto 3 técnicos, 11 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 helicópteros e 2 avións.

 

Back to top button