DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os infantís e os xuvenís do C.D. Rúa saen vitoriosos dos seus partidos no Aguillón

Os pequenos vencían a San Cibrao e os mozos ao Seixalbo

Nas categorías inferiores o resultado non é o máis importante, pero xogadores, adestradores e afeccionados desfrutan cunha boa xogada e moito máis con cada gol. Por iso a tarde do 25 de novembro volveu ser unha festa no campo de fútbol do Aguillón.

O equipo infantil do C.D. Rúa adestrado por Luis María Ferrer goleaba 11-1 ao Polígono San Cibrao. E a continuación o equipo xuvenil de Carlos, vencía 3-2 ao Seixalbo.

Os benxamíns, pola contra, perdían contra o Maceda.

Fotos: Mónica G. Bellver

Back to top button