Andainas-Trails-OrientaciónDeportes

Os irmáns Mauro e Brais Rodríguez (Club Our-O) brillan na 2ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé

 

Na xornada do sábado 28 de febreiro celebrábase a segunda proba da Liga Galega de Orientación a Pé nos montes próximos á localidade lucense de Abadín. Unha competición na que catro deportistas do club Our-O de Valdeorras lograban importantes resultados, “nun dos mapas mais esixentes de Galicia”.

Os irmáns Mauro e Brais Rodríguez Cruz brillaban nas súas categorías de base, logrando ambos os primeiros postos nas categorías de Iniciación Curta e de M-14, respectivamente. En canto aos outros representantes valdeorreses, Mayra Martínez quedaba 12º en Iniciación Longa e Pablo Aller 13º na categoría M55.

A tempada continuará o vindeiro sábado 14 de marzo terá lugar no mítico mapa de Monte Segade (preto da cidade de Lugo), onde o club agarda participar con mais integrantes. “A participación estará aberta tamén a deportistas non federados que queiran iniciarse neste apaixonante deporte”, aseguran dende o club Our-O que o vindeiro sábado 7 de marzo organizará unha xornada de portas abertas na zona do Bañadoiro en Vilamartín de Valdeorras, con xogos de orientación “para que logo os participantes poidan enfrontarse a un pequeno percorrido como parte da LEV-O (Liga Escolar de Valdeorras de Orientación)”, adiantan.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button