A partir das 18h. deste 25 de setembro o pavillón vello do Barco convertíase nunha gran cociña na que os protagonistas eran os máis pequenos. Medio cento de nenos e nenas (entre 4 e 12 anos), acompañados dos seus pais ou dalgún familiar, amosaban as súas habilidades culinarias na sexta edición do Minichef Obarcoaberto. Cada un dos participantes recibía un mandil e todo o material e ingredientes necesarios para a elaboración de ambas as receitas.
Nesta ocasión, o programa incluía a elaboración, en directo, de dúas receitas de cociña, unha salgada: tacos de diferentes recheos e unha doce: torta primavera, que os participantes se levaban á súa casa.


Darlene Dobao e Yolanda Anta, de Pastelería A Casiña, eran as responsables de guiar aos minichefs, nesta exitosa sesión culinaria, que contaba tamén coa presenza do presidente do Barco Centro Comercial Aberto, Jacobo Arias.
Fotos: A.R.
Vídeo: O SIL.

