Entre as actividades de verán que se están a desenvolver en Manzaneda tiña lugar esta mañá a proposta “Veráns de lecer consumo”, na que participaban os nenos do municipio. Esta iniciativa busca sensibilizar aos máis pequenos no consumo responsable a través do xogo e inclúe dúas propostas: “xogueteando: un lecer diferente!” e “a xincana do consumo responsable”.
A actividade está financiada e coordinada pola Escola Galega de Consumo,Direcion Xeral Consumo Xunta de Galicia, tras solicitude do Concello de Manzaneda. Cóntase tamén coa colaboración de crianzas Concilia Verán Manzaneda e Casa Niño O Bicarelo.
Fotos e vídeo cedidos.
