EconomíaEconomíaÚltima hora

Os máis pequenos volverán a cociñar o 5 de setembro co Minichef Obarcoaberto

As inscricións para a actividade realizaranse na oficina do centro comercial aberto (Avda. de Galicia, 32- oficina nº1 (Viveiro de empresas) do día 1 ata o 5 de setembro

Imaxe da anterior edición desta actividade do CCA./ Foto: A.R.

 

Tras o éxito das anteriores ediciónes, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco organiza de novo o vindeiro mes de setembro Minichef Obarcoaberto, dirixido a un público familiar e infantil no que os máis pequenos da casa convértense en cociñeiros por un día.

A campaña expón a elaboración, en directo, de dúas receitas de cociña, un pastel salgado e unha torta de huesitos, que os participantes levarán á súa casa. Darlene Dobao e Yolanda Anta, de Pastelería A Casiña, serán as responsables de guiar aos minichefs, que contarán coa axuda da súa nai, pai ou titor/a durante a elaboración.

A todos os participantes entregaráselles un mandil e todo o material e ingredientes necesarios para a elaboración de ambas as receitas. O Minichef Obarcoaberto celebrarase o venres 5 de setembro, a partir das 18:00 horas, no Pavillón Vello do Barco.

As inscricións para a actividade realizaranse na oficina do centro comercial aberto (Avda. de Galicia, 32- oficina nº1 (Viveiro de empresas) do día 1 ata o 5 de setembro en horario de 09:00 a 14:00, presentando un ticket de compra ou consumición dos establecementos asociados por importe de mínimo de 10 euros (con datas do 1 ao 5 de setembro).

Os menores participantes, de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, deberán estar acompañados en todo momento da súa nai, pai ou titor/a. Haberá aforo limitado.

 

Back to top button