Moi preto do podio quedaban os marchadores Mateo Valcarce Fernández e Paula Cela, do Club Adas Cupa do Barco, no Campionato de Galicia absoluto, que tiña lugar o 28 de xuño nas pistas universitarias de Santiago de Compostela. Ambos lograban unha cuarta posición nas súas respectivas competicións de 5.000 m marcha en pista.
Así, Mateo Valcarce quedaba cuarto cun rexistro de 29:49.68, o mesmo lugar no que remataba a súa compañeira de club Paula Cela, cunha marca de 29:49.68.
Por outra banda, o equipo do Adas Cupa conseguía tamén un cuarto post na final do 4×100 masculino, cun tempo de 43.98.
Entre outros resultados da representación valdeorresa neste galego absoluto cabe destacar tamén a actuación de Tania Peláez, na proba de 100 m, cun 12 posto na semifinal e unha marca de 13.03.
Fotos cedidas.