DeportesÚltima hora

Os marchadores valdeorreses, no Campionato de España Sub16 en Zaragoza

 

De “excelente” cualifica o Club Adas Cupa do Barco a actuación dos seus marchadores Paula Cela e Mateo Valcarce, no Campionato de España de Marcha en Ruta Sub16, que se celebraba o 25 de febreiro en Zaragoza.

 

Así na proba masculina Mateo Valcarce lograba “pulverizar a súa marca personal con 25’21 nos 5 km marcha, conseguindo a 16ª posicion, a pesar de que non acodía en plenitude das súas facultades físicas”, indican dende o club. Mateo ademais competía representando á selección galega masculina, que lograba un sexo posto.

Pola súa banda, Paula Cela rebaixaba tamén a sua marca personal en 5 km deixándoa en 29’42.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button