EconomíaEconomíaÚltima hora

Os mil e un produtos artesáns do animado XVIII Mercado Medieval de Tremiñá (O Barco)

 

Dende xabóns e libros, pasando por ilustracións, cerámica e escultura, artesanía en madeira, saboroso pan, doces como bica de castaña ou queixos, e mesmo mel. Ao longo duns corenta postos, o XVIII Mercado Medieval de Tremiñá ofrecía a posibilidade, neste 19 de xullo, de descubrir, desfrutar e saborear innumerables produtos artesáns polas rúas desta localidade barquense que, por unhas horas, viaxaban séculos atrás no tempo para revivir a súa etapa medieval nun ambiente popular moi entrañable.

 

 

Numerosas persoas percorríanos ao longo deste sábado, no que o programa do mercado completábase con diversas actividades para todas as idades como obradoiros, contacontos, xogos populares, música, a malla tradicional e outras sorpresas.

Nesta galería de imaxes facemos un percorrido polos diferentes postos deste singular mercado medieval promovido polo colectivo Tremiñá no Mapa.

Fotos: A.R.

 

 

 

 

 

 

Back to top button