EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Os Minichefs de OBarcoaberto demostran as súas habilidades na cociña

Uns 45 nenos e nenas participaban nesta exitosa actividade e elaboraban un pastel salgado e unha tarta de "huesitos"

 

Tras colocarse o mandil, situábanse na mesa, entre pratos, utensilios de cociña e multitude de ingredientes. Os máis pequenos, acompañados polas súas mais, pais ou algún outro familiar; convertíanse esta tarde en chefs da man do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) a partir das 18h. no pavillón vello do Barco.

Trátase dunha proposta dirixida a público infantil e familiar, que novamente volvía ter unha exitosa acollida, cuns 45 nenos participantes (de entre 4 e 10 anos). Desta volta, no Minichef Obarcoaberto os participantes, guiados por Darlene Dobao e Yolanda Anta, de Pastelería A Casiña, elaboraban unha receita salgada e outra doce.

 

 

Comezaban así cun pastel salgado, no que, tras picar os diferentes ingredientes e botarlles maionesa no prato, preparaban, con pan de molde, as diferentes capas do pastel, na que logo ían colocando o contido do prato, por capas, e logo remataban cun acordono de pementos e olivas.

A partir de aí, comezaba a elaboración da sobremesa, desta volta un saboroso pastel de huesitos.

Fotos: A.R./ cedidas.

Vídeo: O SIL.

 

Back to top button