Na segunda xornada da Ruta Queztal na Ribeira Sacra, os participantes desprazábanse ata Manzaneda, onde, ás 10.30h. eran recibidos no Centro de Día por unha representación institucional da que formaban parte o xefe territorial en Ourense da Axencia Galega de Turismo, Cecilio Santalices, os alcaldes de Manzaneda, Amable Fernández, e de Chandrexa, Francisco Rodríguez; así como polo director da ruta, Iñigo de la Cuadra e polo enxeñeiro agrícola municipal, Enrique González.
Cecilio Santalices e Iñigo da Cuadra contextualiban o sentido da Ruta Quetzal, mentres que Amable Fernandez poñía o foco no concello de Manzaneda. Pola súa banda, Enrique Glez referíase á situación actual dos concellos de Chandrexa de Queixa e Manzaneda e facía presentación dos valores, da xente, do comercio e do emprendemento de Manzaneda. A continuación realizábase un circuíto interpretativo pola vila medieval.
Despois dun descanso para comer, realizábase unha ruta pola aldea de Seoane e camiño a viñedos con vistas ao Val do Bibei cunha espectacular paisaxe de socalcos, de viticultura heroica da Ribeira Sacra, así como a adegas da zona. Ao regresar a Manzaneda, os participantes na ruta desfrutaban do espazo lúdico das piscina e pistas deportivas. Xa ás 20.30 está prevista unha camiña nocturna ao Monumento Natural Souto de Rozabales, ao Curro Chaira das Lamas e o bambán de Manzaneda no alto da Escrita.
Estas actuacións son financiadas a través do plan de sustentabilidade turística na Ribeira Sacra e escolleuse aos concellos de Chandrexa de Queixa por ser dous dos catro concellos da Capitalidade da Montaña Española e polo seu compromiso polo desenvolvemento rural e participación no xeodestino e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
Fotos e vídeo cedidos.
