CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Os músicos de AMAVA despiden o mes de abril cun novo directo na Capitana (O Barco)

 

Cada evento destas características (jam session, concertos acústicos,…) é absolutamente diferente e sorprendente, porque se xuntan músicos distintos, cancións distintas, estilos distintos e sen demasiada preparación. Así na tardiña do xoves 30 de abril, para despedir un mes de da a venvida a outro, xuntábase máis dunha ducia de compoñentes de AMAVA na Cova da Capitana (O Barco) “para deixar rodar as nosas cancións entre un numeroso e desfrutón público que coreou todos os temas que coñecían e aplaudiron absolutamente todos durante máis de dúas horas que durou o evento”, explican dende a asociación, indicando os músicos que participaban.

 

 

“Onte sumáronse Rober e o seu privado estilo rumbero, Moisés e Chimeno con algunha composición propia, Iria e Kike con dúas versións, unha de Amaia e outra de The Warnig; os clásicos de María á voz acompañada de Edu, Óscar, Iria ou Miri á guitarra; a potente e desgarradora voz de Sory con It’s a heartache (corazón enfermo) como teñen moitos dos que se emocionan coas súas cancións”, explican, destacando a estrea de flautista con Mari Luz e a súa Senda do Tempo. “Todo iso arroupado por un profundo baixo de Gemma e un caixón flamenco da man de Toño”.

 

 

 

Dende AMAVA amosan a súa alegría pola incorporación de novos talentos xa que é mostra de que “isto segue crecendo e non para” e tamén por ver como “veteranos como Juan Carlos curtido en mil batallas nos escenarios é capaz de animarse a pechar a sesión cun coñecido tema de Revolver coreado por todo o público nun pequeno local que se fixo onte grande”, din, agradecendo a María “a Capitana do Barco que apoie este tipo de iniciativas” e confiando en que se repitan coa asiduidade que desexan.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeos cedidos.

Back to top button