No marco da presentación no Barco, xunto ao trazado do Camiño de Inverno pola vila, da campaña “Non Camiñas Soa”, os nenos do campamento urbano achegábanse ata o lugar. Alí coñecían as unidades da Garda Civil que participaban neste dispositivo. Tamén se contaba coa presenza de axentes da Garda Republicana de Portugal.
Entre os medios da Garda Civil estaban membros da patrulla de Seguridade Cidadá da Garda Civil a cabalo e a pé, a Oficina Móbil de Atención ao Peregrino, medios aéreos un helicóptero e un dron, que chamaban especialmente a atención dos cativos.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: O SIL.

