CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Os nenos do Colexio Divina Pastora do Barco reciben a sorprendente visita de Papá Noel nun descapotable

 

Caravana solidaria, representación de panxoliñas, torneo de fútbol sala, visitas especiais… Son moitas as actividades coas que o Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco está a celebrar o Nadal.

 

 

Unha das máis esperadas polos nenos e que creou unha gran expectación era a visita de Papá Noel prevista para a mañá deste mércores 18 de decembro. Unha visita organizada en colaboración coa ANPA do colexio que sorprendía a nenos e maiores.

 

 

O simpático personaxe aparecía nin máis nin menos que nun flamante escarabello vermello descapotable, dende o que acompañado por un dos seus elfos percorría tamén as rúas da vila sorprendendo e saudando a todas as persoas coas que se atopa e que respondían agradecidas ás súas felicitacións.

 

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button