A provincia de Ourense celebraba o XXXVI aniversario da Constitución española no mediodía do 6 de decembro no Auditorio da cidade das Burgas cun acto institucional presidido polo subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e ao asistían numerosas autoridades, entre elas o alcalde da cidade, Agustín Fernández, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez.
Na súa intervención, Roberto Castro referíase á Constitución como “un texto conquerido co traballo, o esforzo e a renuncia de persoas distintas e distantes, que antepuxeron o interese xeral aos seus asuntos e criterios particulares”, ademáis de destacar que “permitiu ser manantial de orgullo permanente de tódolos cidadáns a prol de tódolos intereses do país”.
No decurso deste acto tamén foron distinguidos rapaces de toda a provincia xa que se entregaron os premios do 31º Concurso da Constitución.
Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil.