ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os nenos triveses corren en defensa do galego

A vila acollía na mañá do 12 de maio a terceira edición do Correlingua cun numerosa participación

En diferentes categorías os rapaces do CEIP Manuel Bermúdez Couso de Trives tomaban a saída a partires do mediodía do 12 de maio nas probas do III Correlingua que se organiza nesta vila.

As rúas do casco vello trivés eran o escenario desta carreira, non competitiva e que tiña como lema “En galego, sen cancelas”. Ao remate, os cativos eran fotografados con carteis de frases en galego nun photocall preparado para o acto. Nesta xornada o deporte e o galego, xunto cos máis pequenos, compartían protagonismo en Trives.

 

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button