SanidadeÚltima horaVídeos

Os neurólogos chaman a intensificar a atención da migraña para previr a súa cronicidade

O Servizo de Neuroloxía dobrou a consulta específica semanal o que permite atender ao crecente número de casos máis graves

Neurólogos da consulta demigraña do Servizo de Neurología do CHUO.

 

Pese a ser a enfermidade neurolóxica máis común na abordaxe de migraña perviven falsos mitos e unha importante banalización a nivel social, incluso por parte de pacientes e as veces profesionais que conducen ao seu infradiagnóstico, por eso no Día Internacional de Acción contra a Migraña, Servizo de Neuroloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras chama a intensificar a súa atención para reducir a súa cronificación, instaurando canto antes un tratamento axeitado.

A Migraña é aínda moi descoñecida pese a súa prevalencia. Un 12% da poboación a padece e, pese a elo, ata o 40% dos enfermos non están diagnosticados. De feito moitas veces afrontan a dor como unha herdanza familiar para a que se automedican, aumentando así o risco de cronificación, que está aumentando. Entre un 2 e un 3 por cento destes pacientes teñén ou terán migraña crónica, altamente incapacitante, xa que a dor pode estar presente máis de 15 días ao mes, o que afecta a todos os ambitos, familiar, social e moi especialmente laboral, padecendo ademais a incomprensión do seu entorno.

Desde o Servizo de Neuroloxía, María Pardo, unha das neurólogas responsables da consulta específica de migraña, xunto con Nabil Sabbagh, chama a poñer voz a migraña, unha das enfermidades máis incapacitantes segundo a OMS, destacando os grandes avances experimentados no seu tratamento “desde 2018 á actualidade contamos con oito novos fármacos que teñen cambiado a abordaxe da migraña e axudado moito aos pacientes”.

Novos tratamentos e prevención

Este novo “arsenal” terapéutico esta orientado especialmente aos pacientes con migraña crónica, pacientes que nalgúns casos teñen só entre cinco ou seis días ao mes para facer unha vida normal, e con estes tratamentos poden ter unha reducción entre o 50 e o 70% de días de dor. Os avances cambian totalmente a perspectiva vital e asistencial, ainda que Pardo destaca que todavía resta unha porcentaxe de 15-20% de pacientes crónicos nos que non é efectivo pero as perspectivas de novos tratamentos son ilusionantes.

Algúns destes novos tratamentos son os anticorpos monoclonais que se empregan como tratamento preventivo da migraña nos pacientes con maior afectación, e se incrementaron no último ano nun 56% en Ourense, chegando na actualidade a 153 pacientes a tratamento fronte aos 98 do pasado ano.

 

 

O 95% das mulleres

A migraña é unha enfermidade eminentemente feminina, ao redor do 95% das mulleres terá ao menos un episodio de migraña na súa vida, un pouco menos os homes, pero preto do 80% das persoas cun diagnóstico de migraña son mulleres.

A migraña cumpre unhas caracteristicas determinadas: dor pulsátil intensa, que se localiza só nun lado, “os pacientes describeno coma un taladro ou martelo que os golpea” dí o Dr. Nabil Sabbagh , que detalla tamén a cualidade da dor, a intensidade, “é unha dor tan intensa que non permite facer unha actividade normal, unha dor que leva directamente á cama” todo elo acompañado de nauseas, vómitos e “fobias” como que lle moleste a luz, o ruido, as veces os cheiros, e o movemento, por eso é tan incapacitante, explica a especialista.

A día de hoxe ainda non se sabe porqué algunhas persoas desenvolven migraña, ainda que si esta establecida unha orixe xenética complexa na que tamén influen factores ambientais ou hormonais, que explicaría a maior afectación de mulleres, especialmente a partir da primeira mentruación.

O que si teñen moi claro os neurologos é que o principal factor protector para evitar a súa cronificación é o diagnostico e poñer un tratamento adaptado ás características das súa doenza, evitando a automedicación e os mitos.

Pese ao infradiagnóstico a migraña cada vez se diagnostica máis, incluso en nenos. Pese a que ainda se descoñece a súa orixe, os estilos de vida con maiores niveles de estrés, multitude de actividades e horarios esixentes tampouco axudan.

Artigos relacionados

Back to top button