Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Os orientadores Javier Rodríguez e Pablo Aller (Club Our-O) soben ao podio no Campionato de España de U-Rogaining

A dupla era segunda na categoría de Superveteranos Masculino e primeira no Campionato Galego

 

Na xornada do sábado 11 de abril a Serra da Groba, en Baiona (Pontevedra), acollía o Campionato de España de U-Rogaining (Ultrascore Rogaining). Un evento que reunía a máis de 250 deportistas de todo o territorio nacional que, en equipos de 2 a 5 persoas, tiñan un tempo máximo de 8 horas, no caso das categorías superiores, para orientarse e visitar o maior número de balizas de orientación posibles.

Entre os participantes estaba o equipo ourensán Xene X, integrado pola dupla Javier Rodríguez Sarmiento e  Pablo Aller Estévez, ambos os do club Ouro-O, que logo de estudar os mapas recibidos, optaban pola estratexia de carreira que debían seguir durante as próximas 6 horas. “Cambios no clima, primeiro un pouco de frío, vento e néboa, e logo o sol e o cansazo fixeron facer algún pequeno cambio en estratexia para cultivar a maior cantidade de puntos dentro do tempo de competición”, explica Pablo, asegurando que “as boas decisións foi o que permitiron a estes jovenzuelos, obter o 2º posto no Campionato de España na categoría de Superveteranos Masculino e o 1º no Campionato Galego”.

 

 

Dende o club valdeorrés aseguran estar estamos moi contentos co resultado. “Somos un club novo que apostamos pola base. Hai 15 días Brais Rodríguez Cruz conseguía o campionato escolar provincial e agora este podio refórzanos na nosa liña de traballo”.

Lonxe de parar a actividade continúa e o vindeiro domingo 19 de abril terá lugar na área recreativa do Salgueiral, Barco de Valdeorras, a 3ª xornada da liga escolar de orientación comarcal e de difusión do deporte de orientación.

 

 

Fotos cedidas.

 

Back to top button