Por terceiro ano consecutivo ponse en marcha o Torneo Futsal Vila do Barco. Ás 19 horas desta tarde comezará, no pavillón municipal de Calabagueiros, a III edición do maratón de fútbol sala que se estenderá ata o domingo pola tarde e no que participarán 21 equipos, tres máis que o ano pasado.
Pero antes, para ir quentando motores, e nunca mellor dito dadas as altas temperaturas previstas para esta fin de semana, dende as catro celebráronse partidos de categorías benxamín, alevín e infantil con equipos do CD Barco, CD Rúa, CD Trives, Divina Pastora O Barco e EDM O Barco. O primeiro partido xogábano os benxamíns de Trives e A Rúa e o último dous equipos infantís do Barco. Todos levan a súa medalla e piruleta.
Os primeiros en abrir o torneo sénior serán Chombo e Aldente.

Fotos: Mónica G. Bellver.
