ConcellosEn portadaGalerías de fotosManzanedaÚltima horaVídeos

Os pastores de Palleirós (Manzaneda) soben co gando aos curros da serra

Esta antiga tradición aínda continúa viva nesta parte do Macizo Central Ourensán

 

O antigo costume de levar o gando á serra na procura de pastos frescos segue manténdose, como décadas atrás, en Manzaneda. Os primeiros en subir este ano eran os pastores de Palleirós, que realizaban esa viaxe onte, 3 de xullo, ata os curros de A Mosenda, “nun día solleiro que permitiu gozar desta práctica gandeira tradicional de silvopastorismo estival no corazón do Macizo Central”, en palabras de Enrique González, enxeñeiro agrícola do Concello de Manzaneda, que os acompañaba.

Aínda quedan por subir pastores doutras partes do municipio, como son os de Langullo e Borruga, que o farán en cuestión de días. Conservan así un legado etnográfico trasmitido de xeración en xeración ao longo dos séculos nesta parte da provincia de Ourense.

 

 

Esta tradición é unha das singularidades de Manzaneda como “Capitalidade da Montaña de España”, que comparte cos concellos de Chandrexa, Trives e Río. “Pensamos que se recoñecemento pode servir para dar visbiloidade ao labor dos pastores da montaña: para buscar e topar o equilibrio técnico-administrativo do silvopatorismo do Macizo Central e para procurar actuacións de manter esta actividad tan arraigada á terra e ao Macizo Central”, aseguran dende o Concello de Manzaneda.

 

 

 

Neste senso, esta administración local aposta por”buscar colaboracións supramunicipais para o equilibrio técnico administrativo do silvopastorismo e da continuidade destas prácticas de manexo da res tradicionais con tanta identidade na serra do concello de Manzaneda e de outros concellos do Macizo Central”.

Fotos e vídeos: Enrique González.

 

Artigos relacionados

Back to top button