Tras unha intensa xornada de competición, pero tamén diversión e xantar, na tarde do sábado 2 de agosto o concelleiro do equipo de goberno do Concello da Rúa, José Vicente Solarat, entregaba os premios do II Torneo de Petanca Festas de Verán na Rúa no que participaron 16 tripletas dos clubs da Rúa e do Barco de Valdeorras.
O primeiro premio era para a tripleta formada por Manu, Martín e Frank; o segundo para a de Raúl, Manolo e Manuel; e o terceiro para de Rogelio, Manolo e Luis, todos do Club de Petanca A Rúa.
Fotos cedidas.