
O Concurso de Decoración de Nadal no Distrito Sanitario de Valdeorras xa ten ganadores. Os premios desta edición entregábanse onte nos propios servizos distinguidos:
1º Premio: Reanimación
2º Premio: Lencería
3º Premio: Farmacia

Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco amósase o agradecemento polo esforzo realizado polos participantes no concurso, “o que nos axuda a todos compañeiros, pacientes e visitantes a facer máis luminosas as paredes do hospital. Parabéns a todas as unidades participantes pola creatividade e implicación que nos sorprende de ano en ano”.
