SanidadeÚltima hora

Os profesionais da Atención Primaria de Ourense retoman as intervencións de saúde comunitaria neste 2026

Máis de 180 profesionais de atención primaria: Enfermeiras, Enfermeiras especialistas en familiar e comunitaria, enfermeiras especialistas en pediatría, nutricionistas, matronas, hixienistas, odontólogos, médicos, EIR, MIR, Traballadoras sociais. Fisioterapeutas, PSX, farmacéuticos e pediatras coa colaboración de alumnos, técnicos de emerxencias sanitarias, enfermeiros especialistas de saúde mental e psicólogos, serán os encargados de levar estas actividades na comunidade, coordinadas polos referentes de saúde comunitaria

 

A Subdirección de Enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras organiza para a vindeira semana do 12 ao 16 de xaneiro de 2026 un novo calendario de actividades de saúde comunitaria co obxectivo de achegar a educación sanitaria fóra dos centros de saúde e máis preto da cidadanía.

As accións programadas inclúen sesións dirixidas a alumnado de centros educativos (Saúde escolar) e a persoas adultas, maiores e coidadoras (Escolas de saúde), abordando contidos como a alimentación saudable, a educación afectivo-sexual, a hixiene bucodental, a prevención de úlceras e caídas, os primeiros auxilios e a prevención e atención ao atragoamento en persoas dependentes.

Estas intervencións serán impartidas por profesionais de distintos Servizos de Atención Primaria (SAP), reforzando unha liña de traballo centrada na promoción da saúde, a prevención da enfermidade e o empoderamento da poboación mediante información práctica e adaptada a cada grupo.

A atención primaria ten un papel crucial no control dos factores de risco para a nosa saúde, segundo a recién aprobado plan de acción de atención primaria e comunitaria 2025-2027 calcúlase que en España o 16,5 % dos homes e o 15,5 % das mulleres presentan obesidade, o 23,3% dos homes tabaquismo. Estes datos xunto co aumento das enfermidades crónicas xunto o envellecemento da poboación fai que sexa necesario e urxente adaptar a atención primaria a estes novos desafíos, cobrando unha especial relevancia a prevención e promoción da saúde.

Estes son piares básicos do noso sistema sanitario, empoderar aos pacientes, facelos corresponsables das decisións que afectan á súa saúde, traballar ca comunidade, saír das catro paredes dos centros de saúde é, unha necesidade prioritaria. De ahi a importancia da posta en marcha da Estratexia Galega de Saúde Comunitaria en Atención Primaria 2023-2027 para influír positivamente na súa saúde da nosa poboación avanzando dun xeito progresivo cara a un modelo sanitario que se centre máis nas persoas e no seu contexto social, no lugar de centrarse nas enfermidades, como acontece no modelo tradicional.

Verónica Civeira Pérez, Subdirectora de enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria “En este sentido desde os centros de saúde reforzáronse nos últimos anos os programas de educación para a saúde levados a cabo na comunidade, unha comunidade que cada vez reclama máis intervencións de este tipo e que son posibles gracias a implicación dos distintos profesionais que traballan en atención primaria asi como o liderado dos referentes de saúde comunitaria, coordinadores e xefes dos servizos de atención primaria”.

 

 

Programación de actividades (12–16 de xaneiro de 2026)

Luns, 12 de xaneiro
12:25 h | Obradoiro de nutrición: “Comendo Cores”
Lugar: CEIP Padre Feijoo (Allariz) | SAP: Allariz | Imparte: Ana López (nutricionista)

Martes, 13 de xaneiro
11:40 h | Obradoiro de nutrición: “Que pasa Brócoli”
Lugar: IES Ferro Couselo | SAP: Mariñamansa | Imparte: Alba García (nutricionista)

11:30 h | Educación afectivo-sexual: #QuerendonosBen
Lugar: Colexio Ribadavia | SAP: Ribadavia | Imparte: Mª Isabel de la Torre (matrona) + Andrea Cacheda Abeledo (enf. Pediatría)

Xoves, 15 de xaneiro
09:15 h | Educación afectivo-sexual: #QuerendonosBen
Lugar: Colexio Ribadavia | SAP: Ribadavia | Imparte: Mª Isabel de la Torre (matrona)

10:00 h | Obradoiro de hixiene bucodental: “Mira que boca!”
Lugar: Salesianos | SAP: Valle Inclán | Imparte: Asunción Pérez (hixienista en CS Valle Inclán)

11:30 h | Prevención de úlceras e caídas (escola de persoas coidadoras)
Lugar: Concello de Bande | SAP: Bande | Imparte: Marcos López Noguerol (enfermeiro) + Elena Isla (EfeC)

10:30 h | 1º auxilios para primaria: “pupas, sustos e outos desgustos”
Lugar: CEIP Plurilingüe Otero Pedrayo | SAP: Coles | Imparte: Antonio Zapata Buide (EFyC) + EIR

Venres, 16 de xaneiro
10:00 h | Obradoiro de hixiene bucodental: “Mira que boca!”
Lugar: Salesianos | SAP: Valle Inclán | Imparte: Asunción Pérez (hixienista en CS Valle Inclán)

10:30 h | Obradoiro para coidadoras/es: “Atragamento en persoas dependentes. Prevención e atención urxente.”
Lugar: Residencia Socios. Hermanos Prieto | SAP: O Carballiño | Imparte: Beatriz Blanco (EEFyC) + Isabel (enfermeira ESAD)

10:00 h | Obradoiro de hixiene bucodental: “Mira que boca!”
Lugar: Colexio Carballeda de Avia | SAP: Ribadavia | Imparte: María del Mar (odontóloga)

Back to top button