ConcellosÚltima hora

Os Reis de España irán mañá ás Médulas (León), unhas das zonas fortemente afectadas este verán polo lume

O xoves visitarán varias localidades en Galicia

As Médulas ardendo. /Imaxe cedida.

 

Tal e como estaba previsto, os Reis de España D​on Felipe e Dona Letizia desprazaranse este mércores 27 de agosto ata Castela e León.

Tal como explican dende a Casa Real visitarán o Parque Natural Lago de Sanabria e a Serra Segundera de Porto​ (Zamora) así como o Parque das Médulas (León) para “coñecer de primeira man os danos sufridos e as necesidades dos veciños afectados, así como mostrar o seu agradecemento a todos os equipos que contribuíron a combater o lume e protexer á poboación”.

O xoves visitarán varias localidades afectadas polos incendios en Galicia, co programa aínda sen confirmar; e o venres, en Estremadura.​

Back to top button