CulturaCulturaÚltima hora

Os Reis Magos visitan Barxa (O Bolo)

 

Mantendo un bonito ritual iniciado hai xa tres anos, na mañá deste domingo 5 de xaneiro as SS.MM. Melchor, Gaspar e Baltasar comezaban o percorrido polos 28 núcleos de poboación do concello do Bolo.

O primeiro lugar en visitar era O Seixo e despois chegababan a Barxa, seguinte aldea bañada polo río Xares, acompañadas por membros da corporación municipal co alcalde, Miguel A. García, á cabeza, brindando cos veciós no interior da capela polo novo ano.

O percorrido real continuaba por San Martiño, Celavente, Aceveda-A Fraga, Outardepregos, Chandoiro e Lentellais. Pola tarde irán a Buxán, Outeiro-A Regueira, Tuxe, Celeirós, Cambela, Chao do Castro, Valbuxán, Vilaseco e O Bolo.

 

 

Foto cedida.

Back to top button