
Segundo a actualización do 112 Galicia, mantéñense activas as medidas de protección á cidadanía nas zonas afectadas a causa dos incendios forestais na provincia de Ourense, onde continúa activada a Situación 2.
Por outra banda, no día de hoxe foron atendidas unhas 6 persoas polas urxencias sanitarias ao longo do día, entre elas un brigadista por golpe de calor e un bombeiro por inhalación de fume.
A parte positiva do día é que os 110 residentes que foran desaloxados ata Vilamartín de Valdeorras puideron regresar á súa residencia, no municipio da Rúa. De igual maneira, as 25 persoas evacuadas da residencia de Chandrexa de Queixa tamén se atopan xa realoxadas.